Pedro Armestre
Detalles del evento
Somalia no Olvido A vida ábrese camiño alí onde o esquecemento entrelaza a súa canle. Terras ermas, vento do deserto que levanta poeiras, nenos, mulleres, inocentes que loitan día a día
Detalles del evento
Somalia no Olvido
A vida ábrese camiño alí onde o esquecemento entrelaza a súa canle. Terras ermas, vento do deserto que levanta poeiras, nenos, mulleres, inocentes que loitan día a día por sobrevivir nun país axexado pola piratería e o terrorismo de Al Shabab. Somalia vive no esquecemento, nun bucle de extrema seca e pobreza que desatou o drama. Máis de 6,7 millóns de persoas precisan axuda urxente. Somalia non chora porque ata a seca evapora as súas bágoas. Somalia desángrase. A desertificación avanza sen freo. De soportar unha tempada de seca cada dez anos, pasou a sufrilas arreo.
O 60 % dos somalís son pastores nómades o seminómades. Cos cultivos devastados, a falta de alimentos e de auga, o gando, o seu principal medio de vida, morre. Así, moitas familias víronse empurradas a fuxir dos seus fogares.
As estacións secas, longas e pronunciadas, unidas a tempadas de chuvias ciclónicas, torrenciais e devastadoras contribúen ao avance da desertización e conducen as poboacións do leste de África a unha situación inhumana, a un risco de desnutrición extremo e á morte. Somalia zumega almas sen futuro.
Os fluxos migratorios dentro do continente son constantes. Un día, os colonos puxeron fronteiras onde o seu gando se movía libremente. Hoxe, eles son refuxiados climáticos que ninguén recoñece. O cambio climático e o esquecemento do «Primeiro Mundo» encontra nos máis débiles o albo perfecto para arrasar sen piedade, para avanzar sen límites.
Más
Autor
Pedro Armestre

Pedro Armestre
(A Rasela, Verín. Ourense. 1972)
Inicia a súa carreira no ano 1993 orientando as súas imaxes ao fotoxornalismo, que desempeña con éxito na
axencia Europa Press, axencia Cover, diario El Mundo, XL Semanal, Interviu, etc. Entre 2003 e 2016, a axencia internacional France Presse distribúe as súas imaxes, que saen publicadas nos diarios e revistas máis prestixiosas do mundo.
En 2014 crea a produtora audiovisual Calamar2, especializada en contido social e medioambiental. En 2015 nace a galería www.armestregallery.com onde se poden adquirir copias numeradas e series limitadas dalgunhas das súas obras.
Durante toda a súa carreira, a súa fotografía ten un carácter sensibilizador relacionado coa defensa dos dereitos humanos e o coidado e preservación do medio natural. O seu camiño, claramente marcado, lévao a manter intensas relacións con organizacións dedicadas a estes ámbitos, e para elas ten creado múltiples proxectos fotográficos e desenvolvementos creativos.
Cuatro elementos. Principios básicos de la vida é o proxecto máis persoal de Pedro Armestre. Descobre a través do seu prisma persoal a interacción dos humanos co medio en que xeraron modificacións na paisaxe e, en múltiples ocasións, un desequilibrio que pon en
risco a vida.
Recibiu diversas distincións e premios, entre os que destacan o Premio Rey de España de Fotoperiodismo, Pictures of the Year International POYi, Premio Ortega y Gasset, Premio nacional de periodismo de Manos Unidas, Pictures of the Year Poy Latan, etc. Editou tres libros fotográficos propios e participou en numerosos colectivos; tamén en exposicións individuais e colectivas en distintos países.

Pedro Armestre – Ilustración de Carlos Gallego
Hora
14 junio, 2018 - 25 julio, 2018 (Todo el día)(GMT+02:00)
Localización
Sala exposicións Salvador de Madariaga
Comentarios Recentes