Pedro Armestre
Autor
Pedro Armestre (Save the Children)

Pedro Armestre
(A Rasela, Verín. Ourense. 1972)
Inicia a súa carreira no ano 1993 orientando as súas imaxes ao fotoxornalismo, que desempeña con éxito na
axencia Europa Press, axencia Cover, diario El Mundo, XL Semanal, Interviu, etc. Entre 2003 e 2016, a axencia internacional France Presse distribúe as súas imaxes, que saen publicadas nos diarios e revistas máis prestixiosas do mundo.
En 2014 crea a produtora audiovisual Calamar2, especializada en contido social e medioambiental. En 2015 nace a galería www.armestregallery.com onde se poden adquirir copias numeradas e series limitadas dalgunhas das súas obras.
Durante toda a súa carreira, a súa fotografía ten un carácter sensibilizador relacionado coa defensa dos dereitos humanos e o coidado e preservación do medio natural. O seu camiño, claramente marcado, lévao a manter intensas relacións con organizacións dedicadas a estes ámbitos, e para elas ten creado múltiples proxectos fotográficos e desenvolvementos creativos.
Cuatro elementos. Principios básicos de la vida é o proxecto máis persoal de Pedro Armestre. Descobre a través do seu prisma persoal a interacción dos humanos co medio en que xeraron modificacións na paisaxe e, en múltiples ocasións, un desequilibrio que pon en
risco a vida.
Recibiu diversas distincións e premios, entre os que destacan o Premio Rey de España de Fotoperiodismo, Pictures of the Year International POYi, Premio Ortega y Gasset, Premio nacional de periodismo de Manos Unidas, Pictures of the Year Poy Latan, etc. Editou tres libros fotográficos propios e participou en numerosos colectivos; tamén en exposicións individuais e colectivas en distintos países.
Hora
16 junio, 2018 12:30(GMT+02:00)
Localización
Sala exposicións Salvador de Madariaga
Comentarios Recentes