Lisa Murray
jue14junTodo el díamie25jul(Todo el día)(GMT+02:00) Lisa MurraySala de Exposicións do Kiosco Alfonso
Detalles del evento
O cambio climático está aquí, agora. Un problema que se está a vivir cada día en innumerables lugares de todo o mundo. O seu alcance é global e as peores
Detalles del evento
O cambio climático está aquí, agora. Un problema que se está a vivir cada día en innumerables lugares de todo o mundo. O seu alcance é global e as peores consecuencias as sinten con maior intensidade os máis pobres, os máis vulnerables e, ao fin, os menos capaces de adaptarse.
Trátase dunha pequena colección de imáxenes recollidas nos últimos anos no sur de Sudán, Etiopía, Vietnam, Filipinas e Tayikistán, nas que se destacan as experiencias da xente, tanto dos efectos negativos do cambio climático como de algunhas das medidas positivas que se están a tomar para adaptarse ao mesmo.
Más
Autor
Lisa Murray
Lisa ten a misión de contarlle ao resto do mundo as historias de quen vive no mundo en desenvolvemento.
Logo de experimentar de primeira man as consecuencias do cambio climático mentres facía traballos de investigación en África e Asia, sentiu que debía compartir a súa experiencia co resto do mundo. Aí é cando o seu fascinación e amor pola fotografía convertéronse nun voz que pode ser comprendida en calquera idioma. A súa paixón polo Desenvolvemento Internacional comezou logo dunha viaxe a Ghana cando só tiña 14 anos e a partir de aí pasou a súa vida adulta formándose en Desenvolvemento Internacional e traballando con numerosas ONGs ao redor do mundo.
Ela prospera a través do traballo que conecta ás persoas e sente que o mellor xeito de crear un cambio positivo é usar as súas habilidades para conseguilo.
Hora
14 junio, 2018 - 25 julio, 2018 (Todo el día)(GMT+01:00)
Localización
Sala de Exposicións do Kiosco Alfonso
Comentarios Recentes