junio, 2018

14jun20:0021:00Encontro debateDereito ao refuxio por cambio climático ónde está a política?20:00 - 21:00 Carpa central

Detalles del evento

Dereito ao refuxio por cambio climático ónde está a política? Son posibles as respostas globais?

Montse Prado (Diputada do BNG no Palamento Galego)

Montse Prado

Montse Prado é diplomada en EXB e licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e traballadora do Servizo Galego de Saúde. Ten vinculación co movemento asociativo, participando na fundación e xuntas directivas de diversas asociacións culturais e veciñais.

Concelleira en Cambados de 1991 a 2005. Delegada na provincia de Pontevedra da Consellaría de Innovación e Industria de 2005 a 2009. Membro do Consello de Administración da CRTVG (Compañía de Radio-Televisión de Galicia) desde 2009 a 2012. Deputada na IX Lexislatura, 2012-2016, portavoz de Sanidade, Emprego e Xuventude. Deputada na actual lexislatura, portavoz de Sanidade, Emprego, Políticas Sociais e Pesca. Membro do Intergrupo Paz e Solidariedade co Pobo Saharauí na IX e X Lexislaturas. Membro da Executiva Nacional do BNG.

Ricardo García Mira (Diputado do PSOE no Congreso)

Ricardo Garcia Mira

Ricardo García Mira é profesor titular de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña (UDC), acreditado no ámbito nacional como catedrático de universidade. Dirixiu o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC no período 1995-2016. No 2016 foi nomeado catedrático visitante do Instituto de Investigacións Políticas (Institute for Policy Research) da Universidade de Bath, no Reino Unido, para o período 2016-2018. É tamén presidente da sociedade científica International Association for People-Environment Studies (2014-2018).

Actualmente, é deputado no Congreso pola provincia da Coruña (Lexislaturas XI e XII), onde desempeña o cargo de portavoz do Grupo Parlamentario Socialista na Comisión para o estudo do cambio climático.

Antón Gómez Reino (En Marea, Diputado de Unidos Podemos no Congreso)

Antón Gómez Reino

Nacido o 7 de marzo de 1980. Deputado das lexislaturas XI e XII.
Técnico de laboratorio en bacterioloxía. Traballador e activista en economía social e en cooperación internacional. Técnico superior
en Saúde Ambiental. Inspector LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego Análise do Leite).

Ciudadanos y PP non respostaron

Presenta: Mabel Pérez Simal (Sindicalista, experta en igualdad)

Mabel Pérez Simal

Estudou filosofía. Feminista e experta en igualdade e relacións laborais a través dunha intensa formación: Curso Superior de Relacións Laborais na USC; Master de Xénero e Políticas de Igualdade entre Mulleres e Homes, da Universidade Rey Juan Carlos, de Madrid; Cursos de Xénero, Cidadanía e Traballo; Formadora de formadoras en materia de Igualdade de Xénero e unha longa lista de cursos impartidos, de titorías, e de participación en xornadas e seminarios, completan o seu currículo formativo e educativo.

Viaxou aos campos de persoas refuxiadas en Grecia, traballando como voluntaria e coa mirada posta nas mulleres e o seu dobre ou tripla discriminación.

Más

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X