Avaliación do evento de sensibilización "Acampa 2018 pola Paz e o Dereito ao Refuxio"
Detalles del evento
Avaliar é unha función fundamental á hora de levar a cabo calquer proxecto, e máis cando estamos a falar dun proxecto de sensibilización desta embergadura. O obxectivo principal que pretendemos
Detalles del evento
Avaliar é unha función fundamental á hora de levar a cabo calquer proxecto, e máis cando estamos a falar dun proxecto de sensibilización desta embergadura. O obxectivo principal que pretendemos acadar é inquirir o impacto sensibilizador das diferentes actividades que se levan a cabo ao longo dos tres días que dura o evento Acampa pola paz e o dereito ao refuxio 2018 sobre a cidadanía que se achegue e participe nas mesmas. Para conseguilo empregarase unha metodoloxía mixta utilizando técnicas de recollida de datos máis cuantitativas como é a enquisa, e técnicas máis cualitaticas como é a observación.
Avaliar o impacto dun evento como este non é sinxelo, pois son moitas as actividades que se desenvolven nestas xornadas e precísanse de cantas máis mans mellor, polo que o traballo en equipo é unha tarefa fundamental nesta avaliación.
Lorena Boga, apoiada pola técnica da OCV Lorena Rilo e profesora da UDC Iria Vázquez, conta coa colaboración dun equipo de mozas voluntarias formadas en diferentes disciplinas do ámbito social que a apoiarán para poñer en práctica estas ferramentas de recollida de datos. Elas son Araceli Macías (Educadora Social), Helena López (Socióloga), María Alonso (Terapeuta Ocupacional), Paola Bermúdez (Educadora Social) e Vanessa Míguez (Socióloga), unha equipa multidisplinar que poderá aportar múltiples puntos de vista a avaliación.
Con todo isto, perséguese elaborar un informe final cos datos obtidos e que nos permitan dar visibilidade ao gran traballo que se realiza en Acampa, ver en que medida se están cumplindo os obxectivos marcados, e recoller as opinións e suxerencias da cidadanía para ir mellorando ano tras ano.
Más
Autor
Lorena Boga García

Lorena Boga
Integradora e educadora social vocacional, apasionada sobre a defensa dos dereitos humanos, os dereitos da naturaleza e da vida digna. Estuda actualmente o Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria da Universidade da Coruña e coordina activamente o proxecto de Sensibilización e Educación para o Desenvolvemento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da mesma universidade. Considera que a educación e a sensibilización son a base dunha ciudadanía crítica y comprometida.
Hora
Evento anual (2018)(GMT+01:00)
Comentarios Recentes