Conversa con Alessandro Grassani

jue14jun18:0018:00 Conversa con Alessandro GrassaniPresenta: Xosé AbadSala de conferencias do Kiosco Alfonso

Detalles del evento

Migrantes medioambientais: A derradeira ilusión.

Unha historia de múltiples capítulos na que se presenta unha das principais, e comúnmente ignoradas, consecuencias do cambio climático sobre as poblacións humanas: A migración medioambiental do rural á urbe.

En 2008, e por primeira vez na historia, hai máis densidade de poboación nas cidades que nas zonas rurais. Contase que en 2050 o planeta enfrentarase a un traumático balance de entre 250 millóns e 1 billón de migracións por causas medioambientais, sendo esta situación a futura emerxencia humanitaria do planeta das vindeiras décadas. Os migrantes medioambientais non perseguirán novas nacións adineradas senón que buscarán novos recursos económicos nas zonas urbanas das súas mesmas nacións, que estarán en situación de saturación e desbordamento aumentando os niveis de pobreza.

Este proxecto céntrase na situación de Mongolia, Bangladesh, Kenia e Haití.

Presenta: Xosé Abad

Xosé Abad

Xosé Abad

www.estudioabad.com

(Figures – Girona)

Non ano 1979 inicia a súa actividade profesional como correspondente gráfico da axencia EFE e colaborando con diferentes medios. Publica os seus traballos de fotografía documental en diferentes revistas e diarios, como National Geographic, Planeta Humano, El Semanal, El País, Magazine ou La Vanguardia.

Abad é o impulsor da web “Fotógrafos Contra la Guerra”. Creou e dirixiu ‘Revela, Foro Internacional de Fotorreportaje e Sociedade‘ en itinerancia polas principais cidades galegas. Así mesmo, obtivo, o ‘Premio de amigos da Unesco Outorgado‘ á traxectoria profesional na información e a imaxe como compromiso solidario 2007-2008. Foi gañador da primeira edición do Certame de creación fotográfica Luís Ksado, entre outros.

Desde a súa productora desenrolou ao longo das derradeiras décadas diferentes proxectos documentaies, como “O segredo da frouxeira”, gañadora do “Festival Internacional de Cine Independiente Mexicano” con “Contra el silencio, todas las voces” na categoría “Dereitos Humanos”, primeiro premio á mellor longametraxe no “Festival Primavera de Cine”, nomeado nos premios “MESTRE MATEO” ao mellor documental. “A pegada dos avós” seleccionado o mellor documental nos “Premios Mestre Mateo” e no “III Festival Primavera de Cine”, do “ISAAC” sobre o polifacético galegista Isaac Díaz Pardo.

Más

Autor

Alessandro Grassani

Alessandro Grassani

Alessandro Grassani é un fotógrafo documental que utiliza a fotografía e o vídeo como a súa principal forma de expresión. Desde 2004 a 2006 traballa en Israel e nos Territorios Palestinos: estivo alí durante o funeral de Yasser Arafat, antes e durante o desmantelamento dos asentamentos israelís na Franxa de Gaza e novamente despois da vitoria electoral de Hamas e a operación militar na Franxa de Gaza por parte dos israelís chamada Primavera Árabe.

Traballa de maneira intensiva en Irán despois de ir alí por primeira vez ao final de 2003 para documentar os efectos de terremotos en Bam. Regresa decenas de veces para cubrir a situación dos Xudeus Hebreos Iranianos e traballa nun proxecto a longo prazo sobre as minorías étnicas iranianas. Traballou en proxectos persoais e encargos en máis de 50 paises ao redor do mundo e traballa entre outros con The New York Times, L’ Espresso, El Pais Semanal, United Nations, International Organization for Migration, Doctors of the World e o seu traballo foi publicado en revistas como The Times, National Geographic, Sunday Times, M le magazine du Monde e Newsweek entre outros. Hoxe, os seus proxectos persoais son na súa maioría proxectos documentais a longo prazo nos cales explora as consecuencias da migración e os seus efectos na sociedade.

O seu traballo foi premiado en numerosas ocasións incluíndo Sony World Photography Awards, Days Japan International Photojournalism Awards, Luís Valtueña International Humanitarian Photography Awardand e foi exposto en festivais e galerias aoredor do mundo incluíndo a United Nations, Museum of Immigrationin of Paris, Visa pour L’ Image in Perpignan, Royal Geographic Society en Londres e o International Center for Climate Governance.

É embaixador de Sony Global Imaging conferencianteen TEDx Berlin e profesor no John Kaverdash Academy de Milán e comprométese continuamente con diferentes actividades educativas e de concienciación participando con charlas e talleres.

Hora

(Jueves) 18:00

Localización

Sala de conferencias do Kiosco Alfonso

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *