Encontro con

vie15jun19:00vie20:0019:00 - 20:00 Encontro conDAESUNG LEE, JUAN PABLO MOREIRAS, ARIADNA SILVA e PEDRO ARMESTRE - Presenta Xosé AbadCarpa central, Xardins de Mendez Nuñez, A Coruña

Detalles del evento

Daesung Lee

Daesung Lee

Daesung Lee é un fotógrafo que vive en París, Francia. A través de dous proxectos desenvolveu enfoques conceptuais no ámbito documental, usando a fotografía como medio para comunicar a súa propia perspectiva ao mundo. As súas obras foron expostas en numerosos festivais internacionais como Getxo Photo 2016 en España.

Publicaron o seu traballo medios como Le Monde, The New Yorker, Geo Magazine Germany e outros. Foi un dos gañadores dos Sony World Photography Awards en 2013 e 2015 e dos premios Lens Culture Visual Storytelling 2014 e Portrait Award en 2015 e Prix Voies-Off en Arles 2016.

Juan Pablo Moreiras

Juan Pablo Moreiras

Juan Pablo Moreiras

Juan Pablo Moreiras (Normandía, Francia, 1967) fotografou proxectos de conservación e desenvolvemento, actualidade, reportaxes e encargos corporativos en trinta e cinco países durante os últimos vinte e cinco anos, con especial interese na relación entre o ser humano e un medio ambiente cada vez máis deteriorado.

Traballou en proxectos tan diversos como os Gorilas de montaña en Ruanda, Uganda e Congo, os orangutanes de Borneo e a problemática das plantaciones de palma aceitera, as consecuencias do tsunami en Sumatra, a erupción do volcán Soufriere en Montserrat e o Nyamuragira no Congo, o furacán Mitch en Centroamérica, o rarísimo cocodrilo filipino, o cóndor na Patagonia, a deforestación nos bosques de Ecuador, a contaminación en Ucrania, o Fynbos de Sudáfrica, a caza do ciervo en Escocia, a biodiversidade de Kirguizistán, os Faraones Negros en Sudán ou os incendios forestales en Galicia. Recientemente traballou fotografando diferentes proxectos de desenvolvemento sostenible e conservación, e a seca e o problema da caza furtiva no norte de Kenia, por encargo de The Northern Rangelands Trust, Ol Pejeta Conservancy e Lewa Wildlife Conservancy. Actualmente traballa nun proxecto sobre as enerxías renovables.

Publicou o seu traballo en revistas como El Pais Semanal, La Vanguardia Magazine, O Mundo Magazine, XL Semanal, Time, National Geographic, Africa Geographic, Geographical, Kew Gardens Magazine, First, BBC Wildlife, Sunday Times, The Daily Telegraph, Sydney Morning Herald, L’Internazionale, Traveller, Diversity, Der Spiegel, Berliner Zeitung, Paris Match, VSD, Marie-Claire, Ciel et Space, Tusk Talk, San Diego Zoo Magazine, Interviú, Man, Viajar, Altair, Paisajes desde el tren, Rueda Iberia, Siete Leguas, Quo ou Muy Interesante.

Ariadna Silva

Ariadna Silva

A Estrada, (Pontevedra),1996. Estudante do Máster en Fotografía Artística e Narrativas Fotográficas Documentais na Escola TAI (Universidad Rey Juan Carlos, Madrid). Cursa durante dous anos o grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que finalmente se traslada a Madrid en 2016 para estudar a Diplomatura Profesional en Fotografía na Escola TAI.

É membro do colectivo OlloAtlántico (centrado na fotografía documental, de reportaxe e de rúa). Foi seleccionada no Canon Student Program 2017 do Festival Internacional de Fotoperiodismo Visa Pour l’image de Perpignan e publicou no 2018 o fotolibro Fillos do vento (BANCO Editorial), un relato persoal sobre a rapa das bestas de Sabucedo.

O seu traballo fotográfico e audiovisual céntrase en realizar investigacións coa paisaxe galega como pretexto para estudar a forza que exerce o territorio na conformación da memoria colectiva a través de tradicións culturais e relixiosas, de historias familiares ou da destrución do medio natural.

Pedro Armestre (Save the Children)

Pedro Armestre

Pedro Armestre

1972 (A Rasela, Verín) Ourense.

Inicia a súa carreira no ano 1993 orientando as súas imaxes ao fotoxornalismo, que desempeña con éxito na axencia Europa Press, axencia Cover, diario El Mundo, XL Semanal, Interviu, etc. Entre 2003 e 2016, a axencia internacional France Presse distribúe as súas imaxes, que saen publicadas nos diarios e revistas máis prestixiosas do mundo.

En 2014 crea a produtora audiovisual Calamar2, especializada en contido social e medioambiental. En 2015 nace a galería www.armestregallery.com onde se poden adquirir copias numeradas e series limitadas dalgunhas das súas obras.

Durante toda a súa carreira, a súa fotografía ten un carácter sensibilizador relacionado coa defensa dos dereitos humanos e o coidado e preservación do medio natural. O seu camiño, claramente marcado, lévao a manter intensas relacións con organizacións dedicadas a estes ámbitos, e para elas ten creado múltiples proxectos fotográficos e desenvolvementos creativos.

Cuatro elementos. Principios básicos de la vida é o proxecto máis persoal de Pedro Armestre. Descobre a través do seu prisma persoal a interacción dos humanos co medio en que xeraron modificacións na paisaxe e, en múltiples ocasións, un desequilibrio que pon en
risco a vida.

Presenta Xosé Abad

Xosé Abad

Más

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *