junio, 2018

16jun22:30MJ PérezConcerto22:30 Xardíns de Méndez Núñez

Detalles del evento

MJ Pérez é unha das novas voces do panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula xa case 100 concertos por diferentes cidades e vilas de Galicia. Suma xa tres discos, un autoeditado e dous autoproducidos. María José, natural de Arzúa, comeza esta andaina en 2013 creando “Ollos que non ven, síntoma de cegueira” (2013), o seu primeiro traballo; un álbum autoeditado composto por 10 temas que marcan o inicio deste proxecto. A partires de aquí, xa en 2014, MJ continúa a súa actividade dun xeito máis firme e leva a súa música a outros ámbitos coma a poesía, é aquí cando comeza a colaborar coa poeta Mercedes Leobalde. Neste mesmo ano resulta finalista do “I Certame de Canción de Autor en Galego” do Concello de Teo, con artistas coma Nastasia Zürcher, Sofía Espiñeira ou Alba María.

Un ano despois, MJ lanza o seu segundo traballo: “Guerrilleira” (2015), un álbum con 12 temas unidos por un motivo común: a guerra. Un proxecto minimalista, cheo de frescura que presenta unha evolución tanto a nivel interpretativo como musical. O resultado final é unha fusión de diversos, co predominio do rock-pop. A isto segue unha intensa xira de case 2 anos por toda Galicia, pasando por escenarios coma o do Festival Noroeste Pop Rock (2015).

Bebendo da mistura de estilos nace o seu terceiro disco “Casandra” (setembro de 2017), un álbum que marca un punto de inflexión no traballo da artista. Trátase dun traballo que se caracteriza pola fusión de estilos sen perder de vista a esencia, que destaca ademáis pola presenza de varias colaboracións especiais: Serj, Ailén Kendelman, Richi Casás, Paco Cerdeira e Martiño Cabarcos. A artista chega a este terceiro álbum logo dun ano marcado polo seu segundo posto no “VII Concurso Musical da Deputación da Coruña” (concursando con grupos como Bala, The Trunks ou Jamie Fifthring) e do lanzamento do single “A Peza Solta” coa colaboración da coruñesa Lidia Bao. A isto súmase un primeiro posto no “Xuventude Crea 2017” e unha intensa xira de presentación do seu último disco “Casandra”.

Neste momento, MJ, ademáis da presentación do seu novo disco por toda Galicia, asume novos retos como actuar en Portugal por primeira vez ou a gravación do seu primeiro single en portugués.

mjperez.net

Más

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X