Migrantes Ambientais: a derradeira ilusión

jue14jun12:3012:30 Migrantes Ambientais: a derradeira ilusiónAlessandro Grassani - Visita guiada por el autor - Presenta Julia LagoSala de Exposicións do Kiosco Alfonso

Detalles del evento

Alessandro Grassani

Alessandro Grassani

Alessandro Grassani

Alessandro Grassani é un fotógrafo documental que utiliza a fotografía e o vídeo como a súa principal forma de expresión. Desde 2004 a 2006 traballa en Israel e nos Territorios Palestinos: estivo alí durante o funeral de Yasser Arafat, antes e durante o desmantelamento dos asentamentos israelís na Franxa de Gaza e novamente despois da vitoria electoral de Hamas e a operación militar na Franxa de Gaza por parte dos israelís chamada Primavera Árabe. Traballa de maneira intensiva en Irán despois de ir alí por primeira vez ao final de 2003 para documentar os efectos de terremotos en Bam. Regresa decenas de veces para cubrir a situación dos Xudeus Hebreos Iranianos e traballa nun proxecto a longo prazo sobre as minorías étnicas iranianas. Traballou en proxectos persoais e encargos en máis de 50 paises ao redor do mundo e traballa entre outros co The New York Times, L’ Espresso, O Pais Semanal, United Nations, International Organization for Migration, Doctors of the World e o seu traballo foi publicado en revistas como Times, National Geographic, Sunday Times, M le magazine du Monde e Newsweek entre outros. Hoxe, os seus proxectos persoais son na súa maioría proxectos documentais a longo prazo nos cales explora as consecuencias da migración e os seus efectos na sociedade.

O seu traballo foi premiado en numerosas ocasións incluíndo Sony World Photography Awards, Days Japan International Photojournalism Awards, Luís Valtueña International Humanitarian Photography Awardand e foi exposto en festivais e galerias alredodor do mundo incluíndo ao United Nations, Museum of Immigrationin of Paris, Visa pour L’ Image in Perpignan, Royal Geographic Society en Londres e o International Center for Climate Governance. É embaixador de Sony Global Imaging conferenciant TEDx Berlin e profesor no John Kaverdash Academy de Milán e comprométese continuamente con diferentes actividades educativas e de concienciación participando con charlas e talleres.

Presenta Julia Lago

Más

Hora

(Jueves) 12:30

Localización

Sala de Exposicións do Kiosco Alfonso

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *