Cartografía do esquecemento
Detalles del evento
Ariadna Silva Fernández (A Estrada, Pontevedra),1996. Ariadna Silva Estudante do Máster en Fotografía Artística e Narrativas
Detalles del evento
Ariadna Silva Fernández (A Estrada, Pontevedra),1996.
Estudante do Máster en Fotografía Artística e Narrativas Fotográficas Documentais na Escola TAI (Universidad Rey Juan Carlos, Madrid). Cursa durante dous anos o grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que finalmente se traslada a Madrid en 2016 para estudar a Diplomatura Profesional en Fotografía na Escola TAI. É membro do colectivo OlloAtlántico (centrado na fotografía documental, de reportaxe e de rúa). Foi seleccionada no Canon Student Program 2017 do Festival Internacional de Fotoperiodismo Visa Pour l’image de Perpignan e publicou no 2018 o fotolibro Fillos do vento (BANCO Editorial), un relato persoal sobre a rapa das bestas de Sabucedo.
O seu traballo fotográfico e audiovisual céntrase en realizar investigacións coa paisaxe galega como pretexto para estudar a forza que exerce o territorio na conformación da memoria colectiva a través de tradicións culturais e relixiosas, de historias familiares ou da destrución do medio natural.
Presenta Aitana Tubío
Más
Hora
15 junio, 2018 11:30(GMT+01:00)
Localización
Sala de Exposicións do Kiosco Alfonso
Comentarios Recentes