Katsikas, ecos dun éxodo

ven15xun17:0017:00 Katsikas, ecos dun éxodoDe Rodrigo Vázquez - Proxección documental 46' - Presenta: Rodrigo VázquezCarpa de audiovisuais

Detalles do evento

Katsikas. Ecos dun éxodo

Dirixe Rodrigo Vázquez, producida por FILMANDRIL. Duración: 46 min.

SINOPSE: Un campamento de “refuxiados” situado en Katsikas, Grecia, é o escenario onde se desenvolve esta crítica á xestión global dun pobo que foxe da guerra e a devastación en Siria. Mediante o testemuño dalgúns dos seus habitantes, coñeceremos o drama que estas persoas están sufrindo e entenderemos que son xente coma nós: cun nome, unha familia, unha casa, un oficio. Xente que o perdeu todo nunha guerra que ninguén quere. Xente que foxe para tentar garantirlles un futuro aos seus fillos.

As opinións reflectidas neste documental, absolutamente libres, esbozan de forma crúa ese abandono ao que, coa nosa indiferenza, os sometemos día a día. Son testemuños persoais, algúns deles de costas e coa voz deformada polo medo que aínda os atenaza: o implacable fantasma da guerra que atormenta a cada habitante deste campamento.

Presenta: Rodrigo Vázquez, director do documental

ORGANIZA: ONG A.I.R.E.

Máis

Autor

Rodrigo Vázquez (Harry)

Rodrigo Vázquez

Rodrigo Vázquez (Harry)

O meu nome é Rodrigo Vázquez (Harry) e son realizador audiovisual independente. Comecei a miña andaina profesional no ano 2004 cando, despois de rematar os estudos de Imaxe e Son en Madrid, cidade que me viu nacer, entrei de cheo no mundo audiovisual. Ata a data exercín maiormente como operador de cámara e director de fotografía para diversas produtoras e proxectos, pero é no ano 2012 cando poño en marcha o meu propio grupo de producións cinematográficas da man dun bo amigo. Nace así DRAKKAR HD.

Dous anos despois de aprender tantísimo con DRAKKAR HD e gozar crecendo profesionalmente xunta un amigo, inicio a miña aventura en solitario baixo as siglas de FILMANDRIL. Estas siglas leváronme a desenvolver a miña profesión en diversas latitudes do planeta e descubro o nicho onde, a día de hoxe, sigo depositando a miña ilusión e esforzos: a realización de documental social. Un lugar onde me sinto cómodo e desde o cal poder combater a indiferenza e a impermeabilidade ante os problemas alleos que instaurados na nosa sociedade.

Proxectos salientables son:

  • Luces de “El Gallinero”
  • Yerro. Capitán de su destino
  • Katsikas. Ecos de un éxodo
  • O.D.S. no es la cooperación, es el sistema
  • Spot para la FAO. (Sensibilización medioambiental en Guinea Ecuatorial)

Hora

(Venres) 17:00

Localización

Carpa de audiovisuais

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *