Exit

xov14xun22:3022:30 ExitConcertoCarpa central, Xardins de Mendez Nuñez, A Coruña

Detalles do evento

EXIT

EXIT

É unha banda de versións nada no ano 2008. Orixinariamente creouse para ser o grupo residente da prestixiosa sala Mardi Gras da Coruña, un dos clubs de música en directo máis importantes do territorio nacional. É alí onde desenvolveu a maior parte da súa actividade, tocando cada noite de xoves e cultivando múltiples cheos e unha lexión de admiradores. Ademais cabe destacar a súa participación en festivais e eventos como o Noroeste Pop Rock ou o Nordestazo de Malpica.

O repertorio de EXIT, que actualmente conta con máis de 250 temas, está infestado de clásicos da historia do rock de diferentes décadas. Todos eles himnos que transportan á audiencia ás mellores épocas das grandes bandas rockeiras. O seu son, puro e refinado, converteulles nunha das mellores e mais reputadas bandas de versións da actualidade, feito que vén avalado pola fidelidade dun público que lles fixo ser os únicos sobreviventes da programación estable na escena de salas coruñesas de música en directo. Moitas foron as críticas que deixaron constancia do bo facer da banda, algunhas delas incluídas en diarios como La Opinión ou La Voz de Galicia, ou en webs especializadas como empuje.net ou Inframundo Coruña.

Bowie, Kiss, AC/ DC, Rolling Stones, Ramones, Led Zeppelin, Hendrix… son só algúns dos artistas que EXIT leva ao escenario nas súas actuacións, facendo delas unha auténtica éxtase para calquera afeccionado á música. A formación actual consta de Ton Eirín á voz principal, guitarra e harmónica, JC Nogueira á guitarra e voces, Lago Doval á batería e Miguel Suárez ao baixo e voces.

Máis

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *