Cambio climático, millóns de persoas en perigo

ven15xun20:0020:00 Cambio climático, millóns de persoas en perigoVíctor Viñuales / Valeria Bello / Pedro Vega / Consuelo Bautista - Pres. Laura LizancosCarpa central, Xardins de Mendez Nuñez, A Coruña

Detalles do evento

Víctor Viñuales. Sociólogo, cofundador e Director de Ecología y Desarrollo

Victor Viñuales

Vicepresidente da Rede Española do Pacto Mundial, membro do Consello Social de INDITEX e do Panel de Expertos en sostenibilidade de Sol Meliá. Profesor asociado do Programa Superior de Dirección en Responsabilidade Corporativa de IE Business School dende 2007. Membro do Consello Asesor da Fundación Biodiversidade.

Membro do Consello Asesor de Triodos Bank España, do Consello Asesor de CREAS Fondo Social. É membro do Consello Asesor do Fondo de Cooperación para Agua y Saneamiento do Goberno de España, do Painel de Consulta en Transparencia e Escoita Activa de Ecoembes e membro do Consello Asesor da Fundación Hazlo posible.

É autor de Caja de herramientas para los constructores del cambio (2008) e cofundador de “Sabores Próximos”, empresa de agricultura ecolóxica.

Dra.Valeria Bello, Investigadora na Universidade de Nacións Unidas, Instituto sobre a Globalización, a Cultura e a Movilidade.

Valeria Bello

Valeria Bello é membro investigador sénior (senior Research Fellow) na Universidade das Nacións Unidas – Instituto sobre a Globalización, a Cultura e a Mobilidade e unha das dúas “expertas destacadas” da Universidade das Nacións Unidas polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 10: «Reducir a desigualdade en e entre os países».

Autora do libro International Migration and International Security. Why Prejudice is a Global Security Threat (Routledge, 2017), no que se analizan as causas da migración forzosa, colaborou como experta en tema de migración forzosa, prexuízo e seguridade humana con varios gobernos nacionais e coa sede central de Nacións Unidas en Nova York, así como con varias axencias das Nacións Unidas, como o Alto Comisariado polos Dereitos Humanos, o Instituto Interrexional das Nacións Unidas para Investigacións sobre a Delincuencia e a Xustiza e o Departamento de Comunicación Pública de Nacións Unidas.

Actualmente, é membro do Consello Directivo da Asociación Europea de Estudos Internacionais e foi a coordinadora do proxecto de investigación “PACIFIC”, co que se analizaron os principais retos políticos e as consecuencias en termos de seguridade humana que implican as migracións forzosas debidas ao cambio climático nas illas do Pacífico.

Modera: Pedro Vega (UDC)

Pedro Vega

Pedro Vega Marcote, profesor de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostible e Didáctica das Ciencias Experimentais na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC). Leva a cabo investigacións en formación do profesorado e sostibilidade e innovacións educativas sobre o cambio climático, a pegada ecolóxica e a redución de gases de efecto invernadoiro.

Conduce: Consuelo Bautista

(Barcelona 1966)

Xefa de Informativos de Radio Coruña Cadea SER desde 1993 ata a actualidade.

Durante estes anos Radio Coruña Cadea SER consolidouse como a emisora privada máis escoitada de Galicia con imaxe de marca autónoma definida e vinculada á súa vez á Cadea SER.

Correspondente da Axencia EFE na Coruña desde 1989 ata 2001.

Licenciada en Ciencias da Información pola Universitat Autònoma de Barcelona. Rama Xornalismo. 1984-1989.

Diplomada en Márketing e Publicidade pola Universitat Autònoma de Barcelona. 1984-1989.

Axudante de tese Doutoral sobre Márketing Bancario 1985-1988.

Premio Ondas en 2003 pola cobertura do Prestige cos servizos informativos da Cadea SER.

Directora da Cátedra de Radio Coruña Cadea SER coa Universidade dá Coruña.

Codirectora do curso de posgrao en comunicación Radiofónica de Radio Coruña Cadea SER e a Facultade de Ciencias da Comunicación.

Presenta: Laura Lizancos (Families for peace)

Máis

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *