Cartografía do esquecemento

vie15jun11:3011:30 Cartografía do esquecementoAriadna Silva - Visita guiada pola autora - Presenta Aitana TubíoSala de Exposicións do Kiosco Alfonso

Detalles del evento

Ariadna Silva Fernández (A Estrada, Pontevedra),1996.

Ariadna Silva

Ariadna Silva

Estudante do Máster en Fotografía Artística e Narrativas Fotográficas Documentais na Escola TAI (Universidad Rey Juan Carlos, Madrid). Cursa durante dous anos o grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que finalmente se traslada a Madrid en 2016 para estudar a Diplomatura Profesional en Fotografía na Escola TAI. É membro do colectivo OlloAtlántico (centrado na fotografía documental, de reportaxe e de rúa). Foi seleccionada no Canon Student Program 2017 do Festival Internacional de Fotoperiodismo Visa Pour l’image de Perpignan e publicou no 2018 o fotolibro Fillos do vento (BANCO Editorial), un relato persoal sobre a rapa das bestas de Sabucedo.

O seu traballo fotográfico e audiovisual céntrase en realizar investigacións coa paisaxe galega como pretexto para estudar a forza que exerce o territorio na conformación da memoria colectiva a través de tradicións culturais e relixiosas, de historias familiares ou da destrución do medio natural.

Presenta Aitana Tubío

Más

Hora

(Viernes) 11:30

Localización

Sala de Exposicións do Kiosco Alfonso

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *